Da lei á lei, sen lei ou de como só Spilberg poderá lograr salvar a Garzón.

24 de Novembro, 2010, 0:14H · Temas: Historia, Notas · Imprimir

S. XXI, Europa. Acaban de inhabilitar ao xuiz Garzón. 63 anos despois dos xuizos de Nuremberg. Días despois do 65 aniversario da fin da 2ª guerra mundial en Europa coa derrota militar dos fascismos. 34 anos despois da morte de Franco. Non se trata de santificar a Garzón, non é cousa siquera de simpatías tampouco das antipatías dos que queren levalo á fogueira. O problema non é el, que ten a miña completa solidariedade, por suposto. O problema é o que significa isto. O problema somos nós. Perdón: o problema son ELES.
Todos vimos o “Día máis longo”, “Salvar ao Soldado Ryan”, e antes “Holocausto”, tamén lembramos en Richard Widmark ao fiscal do xuizo de “Nuremberg” que vimos xa en sesión de tarde nos anos sesenta. Toso o mundo sabe -incluidos xuices e xuizas- que Schindler foi unha excepción. Por iso cheguei á conclusión que este problema de España co seu pasado -que acaba de chegar ao paroxismo- só o amaña unha peli de Spilberg. Só el pode explicalo coa linguaxe e na clave na que se entenden estas cousas no mundo civilizado e democrático de hoxe. Só un xudeo norteamericano pode facelo por nós. Fágao e non se documente, por favor Mr. Spilberg, non lea nada sesudo, nin pregunte a ninguén de aquí de Europa. Simplemente colla un libro de Semprún, o unha das memorias editados por Isaac Pardo en Edicións do Castro e faga un guión para contar unha historia que gañe un Oscar. E listo, acabouse o problema coa nosa memoria. Por fin entenderemos todos o que nos está a pasar como se fóramos alemáns, ingleses, franceses ou norteamericanos, na linguaxe do cine que é a máis universal nos últimos 100 anos.
Todos vimos “A caixa de música”, mesmo SOHA pero algúns ademais sabemos que Franco non chegou tarde á entrevista con Hitler en Hendaya en 1940 senón que os trenes non daban para máis. Tamén sabemos que o recente vencedor da guerra non lle impediu a entrada na Península Ibérica senon que lle pedíu axuda para entrar na victoriasa guerra alemana contra as democracias. Sabemos que Franco, a diferencia de Mussolini, non se deu decidido a entrar na guerra despois da caída de Francia e pese á soidade resistente de Gran Bretaña -a URRS pactara con Hitler- porque en palabras de Serrano Suñer (ministr de exteriores e negociador da entrada en Berlín) estaba esperando “aos últimos tiros”. Tamén, compre lmbralo, porque os monárquicos capitáns xenerais -ben financiados polos servizos secretos- eran pro-británicos e revolvíanlle o patio intrior.
Sabemos tamén que o franquismo colaborou co esforzo de guerra nazi-fascista de múltiples formas ata 1943 -derrota alemana en Stalingrado- e aínda despois. Non imos falar da División Azul. Tampouco do wolframio, da Graña, dsos submarinos en Vigo, da visita de Himmler, de com oa Gestapo instruíu á policia política española neses anos da guerra europea, etc.. Sabemos que España acolleu e protexeu o paso de centos ou milleiros de nazis fuxidos en 1945 e deulles acobillo a outros como o rexista belga Leon Degrell -sálvandoo da forca en Nuremberg- ata que morreu de vello hai pouco como rico empresario da Costa do Sol.
Nos vimos películas ou estudamos e investigamos ese pasado como historia. Pero muios dos franquistas que fixeron a Transición viviron aquela época… a do final da 2ª guerra mundial, viron como os seus amigos e camaradas alemáns eran xulgados en Nuremberg e os italianos colgados en Milán ou fusilados por toda a Padania (Vide. a morte de Atilla no final de “Novecento”). Cando aqueles falanxistas tiveron que facer o paso do franquismo a unha democracia que era inevitable lembraban perfeitamente o que acontecedera 25 anos antes (entre 1945 e 1953) cando eran uns apestados en Europa e no mundo para todos os gobernos e para todos os demócratas. Sabían por exemplo que por muito que millorara a economía Europa non permitiría a entrada da Ditadura española no Mercado COmún de entón…. porque era a herdeira viva de HItler e Mussolini. Por iso a Transición que propuñeron foi “de la lei a la lei”. Eles mandaban e a que se fixo foi a que se fixo… asumamos a Historia, non ten sentido criticar retrsopectivamene a Transición porque nós a fariamos doutra forma -eu non que tiña 14 anos, claro-.
Pero preguntémonos de que lei a que lei estaban a falar? Da lei franquista, baseada na Victoria militar e no conxunto de leis represivas dos anos 1936-1943. Leis que ao longo de 35 anos foron evoluíndo ata querer constituir a base dun estado de dereito -imposible- nos anos 60 na versión dos adminitrativistas de entón. Leis que, non obstante non foron derogadas, nin anuladas aínda e mesmo incoporadas ao acervo xurídico e ´cultura xudicial, ata o punto de frear a derogación formal hoxe en día dos xuizos derivados desas leis que legalizaban o golpe e o exterminio do contrario. Ollo, non a represión senón o exterminio e liquidación do contrario político e do poder legalmente estblecido. Desas leis ilexímitas e ilegais baseadas no golpe e que xustifican o extermino faise a transición …. á lei actual da democracia. Maxistral… para eles. Todo o que fixeron quedou protexido. ATADO E BEN ATADO.
Eles fixeron a súa parte na Transición. O problema somos nós agora. Fagamos a nosa. Desvendemos a realidade oculta. Non é problema de pasado senón de presente. Non sigamos atados ás leis inxustas e de exterminio das que partimos. Ademais, eles xa morreron. Agora só estamos nós. O seu triunfo -o dos franquistas- foi tan rotundo que logran que legalmente se lle faga isto a Garzón por querer indagar nos crimes do franquismo.
Porque pensades que Garzón non investigou antes os crimes do franquismo? e paseou a súa pesquisa contra o xenocidio por toda América Latina. Supoño que porque non é parvo e sabía e temía o que lle podía pasar. Imaxino que pensou que o paso do tempo xa o permitía e que se dabanas condicions… Pois non… aínda o fixo demasiado rápido.
O xenocidio non prescribe e non ten excepcións nin no espazo nin no tempo. Isto é así dende os xuizos de Nuremberg que, por certo deron pe a normas que se aplican con carácter retroactivo. A únca dúbida é se se pode definir o xenocidio político. Abramos un debate xa!
Saúde saúdos e solidariedade para o xuiz Garzón.

Tags: ,

Deixa un comentario

O teu email non será publicado. A imaxe nos teus comentarios collea de Gravatar
Inclúe http://
Nota: algo de XHTML está permitido.

Suscribirte por RSS a estes comentarios

Proxecto de investigación Nomes e Voces

Coñece a web do proxecto: un espazo deseñado para facilitar o acceso á investigación da Historia actual especializada en información sobre a guerra civil e a represión franquista en Galicia. Convidásmote a que coñezas o noso traballo e as nosas pescudas. http://nomesevoces.net
Nomes e voces