As bases do trunfo da “U”

31 de Xaneiro, 2012, 9:32H · Temas: Actualidade, Política · Imprimir

Ademais da capacidade organizativa de que hoxe fala con precisión D. Sampedro na Voz, e máis dos erros organizativos dos alternativos, algunha cousa máis hai que ter en conta para explicalo e compre ir avanzando na análise. Deixando á parte razóns de memoria sentimental mui poderosa, das que haberá que falar. Ourtras tres son esenciais: centralismo democrático, silencio e autoaxuda.
Pola primeira, aplicación do centralismo democrático, logran que a posisións maioritarias nos organismos de dirección da U, que poden ser representativas de 500 dos seus 800? militantes (pero tamén só a 430 ou de menos porque nunca se expresan todos á vez, claro, senon cunha xerarquía piramidal) son defendidas, unha vez adoptadas, por todos de forma absoluta e militarmente disciplinada. Antes aínda, son os derrotados (os máis contrarios á medida adoptada) os que máis e primeiro deben defendela, porque niso se basa a unidade e a garantía de non traizón. Cando a decisión a toma o central da U, é a maioría dese órgano quen traslada aos 8.000 millitantes do BNg e aos 300.000 votantes a decisión.
Como o garanten: efectivamente coa disciplina militante dos cadros. Para iso é fundamental:
O silencio, tamén chamados de guasa Lei do silencio (E.Kazán) ou omertá (ver Wikipedia). Nunca os militantes da U, non digamos os dirixentes, trasladan nada dos debates internos, a non ser con muito secretismo, por muita confianza persoal, e as máis das veces seguindo a util táctica do rumor intersado ou filtración cara outros afiliados do BNG en círculos sucesivos de proximidade á U. Nunca para fóra. Aí chega xa trabucado o rumor no xogo orella a orella. O silencio é garantía de poder aplicar as tácticas decididas e funciona tan ben que ten com oefecto colateral que unha parte do BNG pase o tempo xogando -na lóxica do adxedrecista- a deducir que vai facer a U? Atinar nunca ten premio.
A autoaxuda é do máis importante, especialmente nesta conxuntura. Práctícase como en todo grupo humano con identidade e etica propia: como nas aldeas que xestionan comunais, nos grupos ou asociacións de veciños, nos grupos relixiosos, nos bos grupos de amigos, nas familias, en case todos os partidos que se precen. Garánteselle a colaboración o soporte a todos os militantes, en especial a aqueles que pasan por dificultades. Nunca abandonan a ninguén, nin siquera agora con este paro. Búscanlle solidariamente apoio aos seus e máis aos que están peor e teñen menos capacidade para sair adiante.
Por suposto estas non son todas as razóns que explican o seu éxito, o da U, muitas veces pírrico e sempre mui traballado. E por ir afondando no asunto. Tamén está a capadide para usar ben e como pantalla a xente magnífica que teñen, encantadora e boa a carta cabal, o seu vicitimismo antropolóxico e a capacidade para ser sempre os agredidos, enganados e traizoados… E por suposto, as incapacidades ou dificultades dos seus contrincantes. Pero podedes seguir…isto é unha obra colectiva.

Tags: ,

4 comentarios → Deixa un comentario

  1. 1 Paco Castro Xaneiro 31st, 2012 11:23H

    Concordo, pareceme atinada e moi respectuosa a análise. Duas simples aportacións á obra: 1) A cultura política, que non se debe só a etiqueta ideolóxica, afecta a case todo o BNG; 2) O silencio, que se converte nunha arma extraordinaria para descalificar calquera discrepancia como deslealdade ou traizón, representa unha das principais pexas; o problema de “lavar sempre na casa a roupa sucia” é que, de tela agachada , termina por non lavarse e podrece. O que a min me gustaría é que a casa se espalancara con todas as portas abertas, por que, desa maneira, centrariámonos todos e todas en ter todo limpo e gozariamos coas abondosas visitas. Moitas visitas ata quererían quedarse e iriamos construíndo a imaxe de grandes anfitrións. Ate poñeriamos ás persoas máis lúcidas e vistosas na porta.
    Un abrazo

  2. 2 X R Xaneiro 31st, 2012 22:18H

    Non sei para que entrar ao trapo con isto pero será hora de romper ese silencio que dis se nos impón. Eu son militante da upg e a verdade é que non considero que merezamos artigos nin análise científica de ningún tipo. Eu non me considero unha ovella, nin un can adestrado, nin un militar… Estou nunha organización marxista leninista (a nivel ideolóxico) e na prácitca nunha organización na que teño voz e voto. Se estivera nunha praza cun cartón de lado facendo o mesmo sería un digno indignado merecente de todo respeto, como o fago en asambleas comarcais son un conspirador.
    No partido non pasamos todo o tempo maquinando como ter o control do bng como fiscalizar o traballo dos outros ou como derrotar o estdo opresor. Non o facemos nin con esta palabras nin con esa malísima intención que se nos atribúe. Tentamos ser coherentes cos nosos principios, uns principios fortes e sólidos cos que estamos completamente dacordo. E para máis inri, facemos crítica do que temos que criticar dentro do noso partido e tomamos decisións e marcamos estratexias. Facemos pedagoxía de todo isto explicandonos as decisións tomadas e as asumimos como propias. O contrario que outros (BURROS ELES) para non mermar a capacidade do noso proxecto non facemos críticas públicas. As críticas e os desacordos os deixamos na casa, por elegancia e por estratexia (só fai falla ver o que pasa cando se fan de portas a fóra). Por outra banda o asumilas como propias as defendemos porque cremos en estas decisións.
    O noso segredo non é tan segredo, non nos teñades tanto medo compañeiros que o inimigo non sodes vós.
    Na mesma liña que comentas eu comentarei:
    É de estupidos crer nun líder. É de estupidos atribuír superpoderes a unha cara ou un nome ou un personaxe carismática para que nos resolva os problemas. É o mesmo que ser como todos. Para que votar a un partido como o bng se son como todos. Para iso voto o que ten o poder.
    Por certo algunha vez se vos deu por pensar porque estos grandes gurús están en política (digo aymerich, quintana, teresa táboas…) Tal vez vos parachedes a pensar que poida ser simplemente por cartos?
    A unha persoa como Beiras que repite nun discurso máis o EU eu eue eu eu… que nós (colectivo, conxunto…) non será un pouco ególatra. Non terá tal vez aires de grandeza e quizais nas súas habituais loucuras un pouco de demencia.
    E por certo nós teremos vitimismo pero vos non sabedes perder.
    Unha aperta. Haberá que ir pensando en ver que facemos co pp e menos en vez que facemos coa U, compañeiro.

    • 3 Lourenzo Xuño 13th, 2012 19:20H

      esquecime de dar entrada a estes comentarios.. desculpai. Valóroos no que valen

  3. 4 manuel veiga Febreiro 1st, 2012 12:33H

    Pero, imos ver Tito. Non digo que isto como artigo periodístico, para certos medios, non funcione. Pero, como universitario, ¿non cres que moitas das cousas que dis son argumentos especulativos con pouca base tanxíbel.
    Agora unha anotación propia. Como demostran todos os estudos sobre burocracia e organizacións, desde as estatais ás que non o son, existen unhas características comúns a todas elas(algunhas desagradábeis, sobre todo desde o punto de vista individual). Ora ben, as organizacións humanas son así, desde os monxes dun convento aos partidos.
    Con isto non pretendo criticar os teus puntos de vista sociais ou políticos. Pero sen realismo, non só non se gaña a Xunta, nin sequera se lle gaña á U.
    Moitas apertas.
    Manuel Veiga.

Deixa un comentario

O teu email non será publicado. A imaxe nos teus comentarios collea de Gravatar
Inclúe http://
Nota: algo de XHTML está permitido.

Suscribirte por RSS a estes comentarios

Proxecto de investigación Nomes e Voces

Coñece a web do proxecto: un espazo deseñado para facilitar o acceso á investigación da Historia actual especializada en información sobre a guerra civil e a represión franquista en Galicia. Convidásmote a que coñezas o noso traballo e as nosas pescudas. http://nomesevoces.net
Nomes e voces