Miguel Munín. O acto de Económicas

27 de Marzo, 2011, 18:32H · Temas: Actualidade, Historia, Universidade · Imprimir

O acto de Miguel Munín
(venres 18, marzo, 2011; 7 da tarde Salón de graos de Económicas. Santiago )
Mágoa non gravalo, pos iso ocorréuseme narralo e comentalo á antiga usanda. As fotos están ben pero eu gostei dos relatos e as postas en escena.
Emilio M. Rivas introduciu o acto co millor tono posible para lembrar a un Miguel querido, alegre e simpático e todos discorreron despois por ese mesmo carreiro co ton persoal de cada quen. Emilio lembrouno nunha anécdota dunha asemblea a propósito dunha táboa reinvidicativa que tiñan preparada nunha daquelas asembleas de 400 persoas de Económicas dendo o día anterior e cando en plena asemblea e despois de toda a discusión habitual e cando tocaba xa facer valor o liderato que Miguel estaba aprendéndolle ao recén chegado de Emilio, vai Miguel e dille “A ver Emilio, a Táboa” o Emilio déuse conta de que a esquecera na casa…. e non sabía como sair daquel trance. E Miguel tivo que salvar a situación, coa súa habilidade habitual.
Ramón Villares falou muito da experiencia da Reitoría –que negou fose unha aventura ou casualidade, quixo deixalo mui claro- integrando a Miguel e o seu realismo nela como representante dunha xeración que si que marcou o cambio en Galicia, non foi para el a do 68 que marcou un cambio máis moderado polo número de participantes e polo tempo no que se deu, senón dos CAF, a dos oitenta (1984-diría eu, a do BUP), porque procedía de familias modestas que accedían por primeira vez á universidade pero tiña, precisamente agora, a capacidade e os medios para chegar á universidade, e crían na política como instrumento de transformación- Insistíu Villares no realismo de Miguel a propósito dunha visita á Reitoía por un nomeamento do que non gostaran os CAF: “para isto traballamos tanto?” pero el insistiulle na necesidade de facelo e Miguel dixo “a ver como o amañamos”…. Para Villares reflectía ben como era Miguel. A min paréceme importante unha outra reflexión de Villares : daquela xeración saíu muita xenta cara posicións políticas, sociais e académicas mui importantes e Miguel, tan realista e tan político como foi non tivo a misma saída, proxección ou sorte que outros (pareceume mui n aliña da súa vida e do quemuitos dixeron despois). Hai algo de inxusto niso e, en todo caso, un motivo de reflexión xeracional e política.
Santi (compañeiro do PAS da USC) compañeiro del no cole da Almáciga e no barrio de Santiago contou que lle dixo, “eu pensei que ti acabarías en correos –preparara as opos- e eu na universidade e foi ao revés” (Aforro o delicado, coñeiro e preciso perfil persoal que fixo da súa infancia porque queda rfeservado aos que asistimos.)
Suso Veiga, estivo perfeito para o meu gusto, xenial… o centralismo democrático era implacable e por iso el non tiña toda a relación que lle gustaría con Miguel… pero caracterizouno (e quixo caracterizar de paso ao MC) como un militante abnegado e entregado, non sectario, aínda que pertencera a un grupo que podía ser considerado unha secta daquela, como tantos outros e… non lembro pero engadíu outra consideración que non lembro Lembrou que a orixe cristiana de Miguel (xuventudes franciscanas) de que falara Santi previamente e que explicaba en parte a súa entrega á nova relixión da revolución. Contextualizou ben a lóxica da revolución naquela altura e tamén reivindicou o que fora daquela a política a diferencia do que é hoxe. Pero non estivo melancólico senón irónico.
X. Camba estivo soberbiamente natural: dixo que nunca coñecera a ninguén ao que lle gustara tanto a política, que o collera na UMG para “titorizalo” e que sempre lle preguntaba, cando se volvían ver nos 25 de Xullo sucesivos, se xa chegara a concelleiro… ao cabo un día, farto de que sempre lle respondera que non, díxolle Miguel “…non tes abondo instinto asesino” e confirmou Xavier, non o tiña porque el non mo aprenderá. Grande retrato que enlaza coa pregunta de Villares. Tamén lembrou que era un iniciador que iso era o que realmente lle gustaba segundo lle confesara que co que desfrutaba era con iniciar proxectos e coñecelos por dentro e que por iso estivo en tantos… que aínda foron uns poucos
Falaron algúns colegas de fóra máis: da Coordenadora de estudantes, compañeiro de piso.. puxéronse fotos… pero eu xa non estaba que tivera que marchar..
Mandaron comunicados ben sentidos: Tano, Beramendi, Elías, Jorquera, Nestor Rego… Todos amigos e coñecidos… e aínda esta semana preguntoume polo acto Roberto Blanco Valdés, que tiña gran aprecio por el dende que coincidiran na comisión de Estatutos… así era Miguelito.
Rematando lembro eu que ninguén recordou aqueloutra frase que tanto gostaba repetir e que era máis ou menos así: “…din que non poden comprarnos e o que pasa e que non saben o noso prezo..” ou algo polo estilo…, unha grande ironía súa como tantas outras e síntoma de intelixencia.
En fin que o periplo de Miguel paréceme mui revelador da nosa xeración e mui significativo da evolución política e persoal del e de muitas persoas daquela época.

Tags: , , ,

Deixa un comentario

O teu email non será publicado. A imaxe nos teus comentarios collea de Gravatar
Inclúe http://
Nota: algo de XHTML está permitido.

Suscribirte por RSS a estes comentarios

Proxecto de investigación Nomes e Voces

Coñece a web do proxecto: un espazo deseñado para facilitar o acceso á investigación da Historia actual especializada en información sobre a guerra civil e a represión franquista en Galicia. Convidásmote a que coñezas o noso traballo e as nosas pescudas. http://nomesevoces.net
Nomes e voces