A análise de Henrique Monteagudo ou por que non podemos pensar, repensar e volver pensar sen ser traidores

24 de Decembro, 2010, 1:09H · Temas: Actualidade, Notas · Imprimir

A análise de Henrique Monteagudo ou por que non podemos pensar, repensar e volver pensar sen ser traidores….

Hai máis de 30 anos a Quique zoupáronlle nunha manifestación a prol do galego en Padrón non porque non estivera polo galego -diso se trataba alí, de defendelo- senón porque pensaba politicamente diferente que os que mandaron zouparlle. Agora zóupanlle dialecticamente pola mesma razón.  E as labazadas veñen do mesmo lado.

O que se fai no texto do IGEA é expór razóns que poden e deben facernos pensar. Paréceme ben que lle zoupen, polo menos xa non é físico o asunto pero non acredito nas razóns. Non acredito en debates sobre as persoas que pensan senón sobre o que pensan as persoas e os grupos.  Monteagudo da razóns para pensar e iso non pode desaproveitarse, a central para min é que non podemos seguir coas análises de hai trinta anos, porque hai verdades e conviccións que non mudan pero si as análises que deben ser concretas e históricas. E niso baséase o diagnóstico de Monteagudo. A análise concreta de realidades concretas é millor fórmula que a repetición de análises concretas (e atinadas) convertidas en dogmas.

Aos que somos monolíngües e aspiramos ao monolingüísmo chócanos a análise de Quique pero pode facernos pensar. A perda de falantes e o ataque ao galego é novo na forma e merece unha resposta tamén nova na forma. Empezar por pensar que mudou nestes trinta anos non parece mala idea. Hai trinta anos o nacionalismo non estivera nos gobernos, non tiñamos dúas xeracións educadas en galego e non comprobáramos o pouco que significa isto para o progreso do galego. Se o nacionalismo tivera o poder político e o arraigo social que ten en Cataluña o conto sería distinto pero non é o caso.

O peor deste debate é o tacticismo e a desputa polo poder no seo do nacionalismo. Iso non vai axudar ao galego-. Pero o peor de verdade é que nada do que di Herinque no informe do IGEA  é realmente novo. Tardouse en decilo pero novo non é.

Tags: , , , ,

Deixa un comentario

O teu email non será publicado. A imaxe nos teus comentarios collea de Gravatar
Inclúe http://
Nota: algo de XHTML está permitido.

Suscribirte por RSS a estes comentarios

Proxecto de investigación Nomes e Voces

Coñece a web do proxecto: un espazo deseñado para facilitar o acceso á investigación da Historia actual especializada en información sobre a guerra civil e a represión franquista en Galicia. Convidásmote a que coñezas o noso traballo e as nosas pescudas. http://nomesevoces.net
Nomes e voces