Descubro algo totalmente infrecuente neste país de enterros. Unha homenaxe en vida á xenerosidade é unha rara avis. Foi mérito do Marcos pero tamén dos seus amigos máis próximos e queridos.
Temos un novo modelo no que estára ben aprofundar, o da xenorosidade, a elegancia humana e a convicción. O nacionalismo e o galeguismo precisan del neste momento. MArcos estivo na orixe da Mesa, antes en ERGA, na AN-PG, no PSG-EG, no BNG, foi sempre coherente coas súas conviccións e muita xente distinta demostrou aprecio por el. Véxase o libro. Un modelo…. a imitar. Non era iso que chaman buenismo, o del, era elegancia que arrastraba… Boa falta nos fai!
Tags: galicia, nacionalismo